Quen somos

Somos unha empresa familiar con máis de tres décadas de experiencia na venta, fabricación e reparación de maquinaria forestal e agrícola. Dende 1986 vendemos maquinaria nova e usada de primeiras marcas en todo o territorio nacional. Somos distribuidores oficiais de KOMATSU FOREST para España e concesionario VALTRA. Tamén comercializamos maquinaria de reputadas marcas como BILKE, JAPA, HYPRO ou GL1.

O noso equipo de mecánicos, os profesionais de servizo de subministración de recambios e unha ampla rede de talleres colaboradores garanten aos nosos clientes asesoramento e unha completa cobertura en calquera punto da península en menos de 24 horas.

Tamén dispoñemos de unha liña de fabricación propia de remolques, coitelas e proteccións forestais que se adaptan as necesidades de cada cliente.

Calidad

En Hitraf traballamos duro para mellorar e estar en vangarda do sector. Sabemos que non hai outro camiño para dar resposta as necesidades dos nosos clientes.

O noso sector evoluciona moi rápido e cada vez é máis competitivo, por iso apostamos decididamente pola calidade e a innovación como vigas do noso desenvolvemento. Esiximos a máxima eficiencia e fiabilidade aos nosos produtos e apostamos por estritos controis de calidade en todos os nosos procesos.