A todos aqueles amantes da maquinaria forestal pesada, temos o pracer de comunicarvos que Komatsu Forest acaba de lanzar o último número da súa revista Just Forest NO 01/2018.

Nesta edición viaxaremos ata Finlandia e Reino Unido para coñecer en detalle os produtos “XC” a través das experiencias dos seus primeiros usuarios. Asko Piirainen e Dylan Taylor contarannos como as procesadoras Komatsu 901 XC e Komatsu 931 XC foron deseñadas para traballar en condicións extremas.

Os futuros operarios poderanse formar cos seus Simuladores. Presentámosvos as súas características xenerais. Tamén vos damos a coñecer as ferramentas destinadas a potenciar a rendibilidade dos nosos clientes: ProAct  planifica o mantemento da máquina, mentres que o sistemaMaxifleet proporciona acceso rápido e fácil a toda a información recompilada por MaxiXplorer.

Estas e outras novidades poderalas atopar na revista con testemuñas reais e experiencias de clientes moi diversos que se resaltan nesta nova edición. Podes descargala no seguinte enlace ou recollela nas nosas oficinas.

https://bit.ly/2voOODv

Esperamos que vos  guste tanto como a nós.