O Valtra T254 ven co novo interface fácil de usar SmartTouch. Foi deseñado en Finlandia, e premiado co premio Red Dot en abril de 2017. O SmartTouch ven con toda a tecnoloxía integrada: Autoguiado, Isobus, AgControl e TaskDoc. O novo reposabrazos aumenta a produtividade da combinación do tractor con calquera implemento e alixeira a carga de traballo do condutor. Cada condutor e labor poden ter o seu propio perfil individual e todas as configuracións pódense activar no tractor en cuestión de segundos. Cada cambio que se realiza, excepto os cambios nos axustes da terminal, son automaticamente gardados no seu perfil. A pantalla de 9 polgadas é máis fácil e máis intuitiva de usar que un smartphon. Pódese acceder as funcións do terminal con un máximo de dous toques e o seu deseño fai imposible perderse no menú. Calquera persoa, incluso aqueles que nunca haxan usado unha pantalla táctil, pode manexar o terminal con un mínimo de práctica. Mando de condución intelixente- como se fora unha CVT. O modelo Versu revoluciona a maneira de condución e diminuír tirando de la o que permite un control total da aceleración en todo momento. Non hai interruptor para cambiar entre modo panca e modo pedal, xa que traballan sincronizados en todo momento. A condución co modo panca permite maior flexibilidade ao condutor. O Valtra Versu é o único tractor powershift do mundo con un auténtico modo de condución de panca. A transmisión de 5 marchas Powershift con 4 gamas de traballo e 2 supercortas, proporcionan 30 velocidades en ambas direccións. O cambio é preciso e non require ningún traballo, sexa de forma automática ou accionada manualmente mediante a caixa de cambios. O modelo incorpora Hill-hold de Valtra, que permite un arranque sinxelo so mediante o accionamento do pedal de aceleración, incluso en costa. Tamén inflúe o patentado asistente hidráulico que automaticamente proporciona maior capacidade hidráulica tanto en parado como en movemento, sen afectar á velocidade de avance. Como en outros modelos da 4ª xeración, comodidade, durabilidade, versatilidade e deseño escandinavos con unha alta funcionalidade e unha gran visibilidade son os estándares do T254 Versu. O modelo ten características que ningún outro Powershift pode facer. Tamén pode personalizarse para cubrir as necesidades de calquera consumidor, sen olvidarse do Valtra TwinTrac.Imaxes: Foto 1 Valtra T Series Foto 2 Reposabrazos Valtra SmartTouch

Valtra gana el premio ‘Machine of the Year 2018’ – El éxito continúa para Valtra en Agritechnica