Valtra Serie T (170-271 CV)

Categories: ,

Description

A serie T ofrece motores potentes de seis cilindros para tarefas grandes.

 

A cuarta xeración da serie T de Valtra inclúe tractores completamente novos, cuxo deseño é moi atractivo e funcional. Foron fabricados con menos pezas que nunca e someteronse a 40.000 horas de probas en condicións extremas.

A nova serie T caracterízase por ser unha máquina robusta que ao mesmo tempo é capaz de ofrecer os máximos niveis de confort para xornadas prolongadas de traballo eficiente.

Principais caracteristicas:

  • Motor AGCO (SISU) de 6.6l o 7.4 l, de ata 271 CV
  • Sigma Power. Ofrece 15 CV adicionais para traballar coa TDF
  • Función Ecopower que aforra combustible.
  • Revolución Powershift. Transmisións de nova xeración e xestión electrónica.
  • TwinTrac eléctrico e asento xiratorio 180º
  • Nova cabina forestal opcional Skyview
  • Autoguiado dispoñible en todos os modelos
  • Confort na cabina. Asento de acompañante opcional
  • Limpadores con varrido de 270º

A serie T de Valtra ofrece máis opcións que ninguén- coa axuda do noso vendedor experimentado, pode adaptar a súa máquina de traballo para axustarse ás súas necesidades exactas. Valtra ofrece seis niveis de potencia e cinco combinacións hidráulicas e de transmisión: Hitech, HiTech con HiTrol, Active, Versu e Direct.

As transmisións Active, Versu e Direct contan con sistema hidráulico con detección de carga e o cliente pode elexir caudais de 115, 160 ou 200 litros por minuto. O sistema hidráulico nos modelos HiTech e Active controlase mecanicamente, mentres que o dos modelos Versu e Direct é de control electrónico.

Reviews

There are no reviews yet.

Be the first to review “Valtra Serie T (170-271 CV)”