Quen somos

Somos unha empresa familiar con máis de tres décadas de experiencia na venta, fabricación e reparación de maquinaria forestal e agrícola. Dende 1986 vendemos maquinaria nova e usada de primeiras marcas en todo o territorio nacional. Somos distribuidores oficiais de KOMATSU FOREST para España e concesionario VALTRA. Tamén comercializamos maquinaria de reputadas marcas como BILKE, JAPA, HYPRO ou GL1.

O noso equipo de mecánicos, os profesionais de servizo de subministración de recambios e unha ampla rede de talleres colaboradores garanten aos nosos clientes asesoramento e unha completa cobertura en calquera punto da península en menos de 24 horas.

Tamén dispoñemos de unha liña de fabricación propia de remolques, coitelas e proteccións forestais que se adaptan as necesidades de cada cliente.

1948
1960
1962
1970
1973
1980
1986
1993
1994
2002
2008
2017

1948

Nun pequeno garaxe de Vila de Cruces, Ricardo González e Benigno Sánchez abren un taller de reparación en xeral. Nace así talleres Guerra.

1960

Ademais de traballar no taller, Benigno e Ricardo comezan a vender maquinaria agrícola na comarca do Deza.

1962

“Talleres Guerra” vende os primeiros tractores Barreiros. Ese mesmo ano fabrícanse os primeiros remolques agrícolas no taller.

1970

Nos anos setenta realízanse os primeiros acoplamentos de grúas forestais para tractores e remolques.

1973

Móntanse os primeiros equipos formados por tractores con grúa e remolque de balancín.

1980

Este ano móntanse os primeiros equipos forestais de tractor con grúa, cabrestante e remolque de tracción hidráulico.

1986

En 1986 fundase HITRAF S.A para a venta e reparación de maquinaria agrícola e forestal.

1993

En 1993 inauguramos novas instalacións en Vila de Cruces.

1994

Empeza a nosa relación con VALMET, hoxe VALTRA.

Dende este ano somos distribuidores da marca nórdica. E ata hoxe.

2002

En 2002 convértemonos en distribuidor oficial para España de máquinas forestais VALMET, agora KOMATSU. Dende entón a marca converteuse nun dos nosos emblemas.

2008

Organizamos o EUROPEAN VALMET ROAD SHOW en España.

Este mesmo ano obtivemos o certificado de sistema de xestión de calidade ISO 9001. Un paso importante para nos.

2017

En 2017 celebramos o noso 30 aniversario cos nosos amigos nas nosas instalacións de Vila de Cruces.

Tamén fomos recoñecidos por terceira vez co “Dealer Of The Year” como o mellor concesionario KOMATSU da zona europea.

Calidad

En Hitraf traballamos duro para mellorar e estar en vangarda do sector. Sabemos que non hai outro camiño para dar resposta as necesidades dos nosos clientes.

O noso sector evoluciona moi rápido e cada vez é máis competitivo, por iso apostamos decididamente pola calidade e a innovación como vigas do noso desenvolvemento. Esiximos a máxima eficiencia e fiabilidade aos nosos produtos e apostamos por estritos controis de calidade en todos os nosos procesos.