HITRAF cumple 30 anos

by | Apr 29, 2018 | Sin categorizar

O pasado mes de setembro celebramos nas instalacións de Vila de Cruces o noso 30 aniversario rodeados dos nosos  clientes más próximos e de tódala xente que formou parte da nosa historia.

O motivo principal do evento consistiu nunhas Xornadas de portas abertas nas que se exhibiu maquinaria agrícola e forestal dende os anos 50 ata a actualidade. A exposición completouse con material fotográfico, audiovisual, e diversas pezas museísticas para rendir unha homenaxe ás figuras fundadoras de “Talleres Guerra”, Ricardo González Guerra, Visitación Buján Fernández, Benigno Sánchez Méndez y América González Buján.