O 11 de febreiro, D. Francisco Conde López , Conselleiro de Economía , Emprego e Industria visitou as instalacións de Hitraf en Vila Cruces. Durante a visita, o Conselleiro estivo acompañado por D. José Ignacio Lema Piñeiro, Director da Axencia Galega da Industria Forestal, D. José Manuel Cores Tourís, Delegado Territorial en Pontevedra e D. Jesús Otero Varela, Alcalde de Vila de Cruces.

César Sánchez, Director Xeral de Hitraf, amosou ao Conselleiro as principais actividades que desenvolve a empresa nos sectores forestal e agrícola. Durante a visita os asistentes coñeceron os produtos e servizos que Hitraf comercializa nos diferentes mercados nos que está presente.